Skip to main content
Sarria

Os profesores do IES Xograr Afonso Gómez recibiron un curso de RCP e uso do Desfibrilador

Por 24 Febreiro, 2022Febreiro 25th, 2022Sin comentarios

O profesorado do IES Xograr Afonso Gómez recibiu durante esta semana un curso de formación sobre Reanimación Cardio Pulmonar (RCP), uso do Desfibrilador Semiautomático e atención ao alumnado rexistrado no programa Alerta Escolar.

A relatora foi Susana Rodríguez, enfermeira do 061 e colaboradora habitual. De forma clara explicou aos profesores como identificar unha parada cardiorrespiratoria, e como actuar neses importantísimos primeiros instantes. Aproveitaron a ocasión para actualizar a formación como centro cardioprotexido xa que conta cun Desfibrilador Semiautomático desde hai anos.

Por último repasaron as medidas para tomar ante un atragoamento, unha crise de ansiedade, unha hipoglucemia ou unha anafilaxia.

Ante un paro cardíaco cada minuto conta, por iso, saber utilizar un desfibrilador semiautomático externo automático pode ser a diferencia entre a vida e a morte. Malia que o desfibrilador é moi fácil de manexar, ter unha formación guiada por persoal experto e as conseguintes prácticas con simulacións é a única forma de familiarizarse cos pasos e aprender a controlar a situación e os nervios nunha situación de verdade.

A morte súbita ou parada cardíaca é un problema que ocorre de maneira inesperada e con relativa frecuencia en España. O 80% dos casos suceden en domicilios ou na vía pública e tan só é posible axudar de forma inmediata co uso do DESA por parte dos testemuñas ou primeiros intervenientes. O recoñecemento rápido da situación e o uso precoz deste elemento é esencial para poder reverter a situación. O tempo é vital nunha persoa que sofre unha parada cardíaca, posto que cada minuto que pasa sin que se inicien as manobras de RCP e o uso do desfibrilador reducen as posibilidades de supervivencia nun 10%. Por iso, o Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar e a Sociedade Española de Cardioloxía avogan pola instalación de máis dispositivos deste tipo en lugares públicos.

Cantas máis persoas do concello teñan este tipo de nocións máis seguridade haberá se ocorre unha situación de emerxencia no mesmo.