Skip to main content
Sarria

A ruta das Aceas de Sarria e a Ribela son os novos núcleos de estudo da CHMS

Por 25 Febreiro, 2022Febreiro 26th, 2022Sin comentarios

A ruta das Aceas de Sarria e a Ribela son os novos núcleos de estudo da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Esta entidade está a elaborar un proxecto para probable pasarela peonil en Ribela que levarían consigo a mellora e arranxo dos camiños ata a ruta das Aceas de Sarria.

Un experto realizou a visita pertinente para analizar a situación e preparar así a viabilidade da construción dunha ponte peonil na contorna do estadio de fútbol. Ata o ano 2000, o lugar contaba cunha ponte que foi destruído por unha gran riada acontecida nese mesmo ano. No proxecto actual, a pasarela contaría con máis altura que a antiga para evitar que ocorra o mesmo en caso de que se produza unha subida no caudal do río. A infraestrutura tería dous metros de ancho e tería unha forma cóncava.

Ademais, este estudo conta tamén co arranxo de dous camiños que levan ata o roteiro de sendeirismo das Aceas, un dende o estadio de fútbol e o outro na zona do cuartel da Garda Civil.

Asemade, os técnicos tamén teñen previsto a instalación dun azud no río Sarria na zona do Chanto. Isto permitiría que no verán fose unha zona de baño, ocio e desfrute para os veciños. Na actualidade, a presa atópase en mal estado e é responsabilidade do seu propietario particular o seu arranxo. Neste senso barallase unha presa de quitar e poñer facilitando unha nova zona de baño para os sarriaos.