Skip to main content
Sarria

Baile feiticeiro en Sarria para celebrar o Entroido coas meigas e os trasgos

Por 25 Febreiro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Meigas e Trasgos organiza unha festa de entroido este sábado 26 de febreiro. A celebración dará comezo ás 20.30 horas no Lar Social do Chanto. As entradas para os socios e nenos de ata 12 anos será gratuíta. Para os non socios terá un custe de 5 euros e incluirá unha consumición.

Este baile feiticeiro será temático facendo unha homenaxe ao seu nome. Dende a Asociación animan aos participantes a achegarse disfrazado de bruxa, gato, morcego ou calquera ser vinculado ao mundo das meigas e trasgos.

Esta actividade súmase as que terán lugar na vila sarriá cos bailes do día luns 28 de febreiro e o concurso de Entroido organizado polo Concello o 6 de marzo.