Skip to main content
Triacastela

O mural de Mon Devane en Triacastela entre os 10 mellores do mundo

Por 14 Febreiro, 2022Sin comentarios

O mural realizado por Mon Devane en Triacastela acadou o sétimo posto na votación do The Best of 2021 Street Art Cities. A enquisa contabilizou máis de 60.000 votos de todo o mundo e tivo unha gran repercusión en medios de comunicación.

O graffiti de Triacastela, forma parte dunha exposición fixa que o artista realizou en diferentes puntos do Camiño de Santiago e que consta de sete murais enormes, na que, representa a unha das persoas significativa da zona. As obras desta exposición permanente están situados no rural galego.

O artista inmortalizou en Triacastela a Xermán Arias, un lutier de Vilei que se encarga de fabricar e arranxar instrumentos musicais de corda dende o seu taller na vila de Sarria.

Street Art Cities é unha plataforma global que ten como misión promover e documentar o arte urbano no mundo. É unha comunidade internacional que está destinada a compartir e atopar arte urbano. Proporciona información dos murais, da cidade, onde atopar os grafittis e outros datos de interese como o nome do artista, método de traballo, etc.. Están activos en case 900 cidades con máis de 37.000 obras de arte.

Durante o último ano, foron compartindo os murais e traballos acadando como resultado unha selección das 100 obras de arte máis populares do 2021. Esta lista global conta con recunchos de todo o planeta, dende Dinamarca ata Sudáfrica.