Skip to main content
Triacastela

Olga Iglesias vicepresidenta segunda da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago

Por 15 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, escolleu como vicepresidenta segunda a Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela. Esta agrupación reúne 110 concellos do territorio español que están vinculados ao Camiño Francés dende Navarra e Huesca ata Compostela.

O nomeamento tivo lugar na sexta asemblea xeral da AMCS no Montasterio de San uan de Burgos onde se renovaron os cargos da xunta directiva desta Asociación.

A vinculación da alcaldesa de Triacastela con esta entidade non é nova xa que Olga Iglesias formou parte da directiva duranto o último mandato, no cal, Reyes Abella do Concello de Sarria ocupaba a secretaría da mesma.

Neste senso, a agora vicepresidenta segunda da asociación asume novas responsabilidades nas que centrará a atención sobre o desenvolvemento das vilas pequenas sobre as que transcorre o Camiño Francés.

A situación pandémica provocada pola Covid 19 evidenciou a importancia que ten esta ruta nos diferentes municipios como motor turístico que promove a economía da zona. Polo que ve fundamental a creación de sinerxías cara o ben común que fomente a chegada de máis peregrinos e facilite os diferentes servizos aos mesmos.

Por iso, os principais obxectivos da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago está o establecemento de relacións de cooperación entres tódolos municipios polos que discorre o Camiño Francés, así como a posta en marcha de proxectos e iniciativas de interese común, a colaboración coas administracións e acceder ás axudas europeas co fin de promover o Camiño e colocarse como a principal ruta de peregrinación cara a cidade Santa.

Outro dos obxectivos inminentes deste grupo de municipios é a adaptación ás novas tecnoloxías e modernización, achegándose e facilitando así o acceso á información de todo o mundo.