Skip to main content
Triacastela

O Concello de Triacastela organizou actividades para nenos polo Entroido

Por 27 Febreiro, 2022Febreiro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Triacastela organiza actividades de Entroido Infantil o vindeiro martes día 1 de marzo a partir das 15:30 horas na Fonte do Lunar. Para poder participar haberá que inscribirse no número de teléfono 982 548 147.

Despois do parón de actividades que supuxo a Covid 19 estase a volver á normalidade seguindo unhas medidas que garantan a celebración de festas seguras. Por iso, dende o Concello están a ofrecer esta alternativa de ocio para os nenos da zona co fin de que recuperen as actividades lúdicas de antes da pandemia.

Nesta xornada de entroido, anímase aos asistentes a acudir disfrazados.

Esta actividade súmase a xa levada a cabo durante esta semana do Entroido. A comparsa do CEIP Eduardo Cela Vila percorreu este venres as rúas do municipio ata achegarse á Casa do Concello onde foron recibidos pola alcaldesa, Olga Iglesias, quen os convidou a asinar no libro de ouro.