Skip to main content
Abadín

Abadín retrasa Expogrelo ao día 5 e non terá entroido

Por 12 Febreiro, 2022Febreiro 13th, 2022Sin comentarios

Os grelos de Abadín non están listos para a súa colleita e comercialización polo que a tradicional feira de Expogrelo retrásase en principio ata o 5 de marzo para poder realizar a feira de xeito presencial agora que a normativa covid volve permitilo.

Segundo avanzou o alcalde, José María López Rancaño, a intención é recuperar a feira na súa esencia tradicional con postos de grelos acompñados de artesanía, polbo e música. “Agora mesmo estamos pendentes do grelo, que non está listo para a súa comercialización polo que nun principio retrasamos  a feira e tamén a posta en marcha da web de venda on line, que xa funcionou o ano pasado”, explicou Rancaño.

ENTROIDO

O alcalde tamén avanzou que este ano no haberá tampouco Entroido por temor á covid. “Sempre celebramos o desfile e a festa no interior do pavillón e non queremos que a aglomeración provoque un novo aumento dos casos polo que este ano suspendemos de novo e si faremos Expogrelo que é ao aire libre e moito máis seguro a nivel sanitario”, dixo.