Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O Entroido volve a Val de Francos o día 1 de marzo

Por 11 Febreiro, 2022Sin comentarios

Co seu humor característico, presentouse unha nova edición do Entroido de Val de Francos, que volve tralo parón da covid o día 1 de  marzo, martes, para as parroquias de Ansemar, Balmonte e Goberno.

A festa dará comezo ás 16.00 horas coa actuación dos Valuros de Castro de Rei. Seguidamente realizarase a inauguración da exposición fotográficca dos 30 anos de entroido a cargo de Francisco Balado, alcalde do Concello, e Xosé Manuel Blanco, escritor.

Non faltará a chegada do Antroido ao Campo do Carril, a lectura do sermón e a queima do Antroido.

Ás 17.45 horas será tempo de música a cargo do dúo Estrellas e o sorteo de produtos típicos destas datas.

Ás 19.00 horas continuará a música coa actuación da recanteira Marta Pacín e o baile a cargo da orquestra Finisterre e o dúo Estrellas novamente, ata a madrugada.