Skip to main content
Cospeito

A asociación San Martiño de Pino presenta este domingo o calendario de actividades

Por 5 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asociación cultural San Martiño de Pino celebrará este domingo, 6 de febreiro, a súa asemblea xeral, a partir das 12.30 horas na Escola de Pino.

Durante esta sesión trataranse varios temas. Así, darase conta das actividades realizadas nos anos 2020 e 2021 e avanzarase no calendario das previstas neste 2022.

Así mesmo, a directiva dará conta tamén do estado de contas e entregaranse os carnés aos socios.

Finalizarase cun turno de rogos e preguntas.