Skip to main content
Guitiriz

O CEIP Lagostelle de Guitiriz estrea un mural dedicado a Rosalía

Por 26 Febreiro, 2022Sin comentarios

O CEIP Lagostelle de Guitiriz festexou o día dedicado a Rosalía de Castro coa inauguración dun mural dedicado á autora galega no centro escolar.

A obra foi elaborada por Concepto Circo en colaboración co alumnado. Ademais, realizaron un vídeo sobre os traballos de pintado que pode verse nas redes sociais e na web oficila do centro.

A realización de murais polo día de Rosalía fíxose o ano pasado en numerosos centros galegos, moitos deles da provincia e este ano decidiron sumarse á iniciativa en Guitiriz, pero facéndoo en colaboración co alumnado.