Skip to main content
Meira

Proxectan a ampliación do centro de saúde e do PAC de Meira

Por 3 Febreiro, 2022Sin comentarios

O centro de saúde de Meira, que ten función de Punto de Atención Continuada (PAC) será reformado e ampliado polo Sergas en función a un orzamento de 300.000 euros.

Esta obra ten como obxectivo resolver as necesidades de espazo existentes nas instalacións, tanto para a atención aos pacientes como para o propio persoal, tal e como teñen demandado en varias ocasións usuarios do centro.

Así, a intención é habilitar máis consultas e melloras as existentes, ademais de crear un novo espazo de enfermería para pediatría e tamén unha sala de toma de mostras, outra para a realización de probas complementarias, e unha  sala polivalente.

O proxecto inclúe tamén o acondicionamento da área de admisión coa creación dun espazo para o uso do persoal, con sala de estar, biblioteca e vestiarios. Ademais, incluirase un novo almacén e un novo arquivo, así como dunha zona de oficio limpo e sucio, e a adaptación dos aseos.

No PAC tamén se realizarán melloras como a creación dun box para a atención a pacientes críticos.

Así mesmo, realizarase unha reforma das salas ampliando a zona de recepción e admisión de pacientes, a sala de espera dos usuarios ou a área de persoal, con melloras nos vestiarios ou o almacén.