Skip to main content
Meira

Remata a impermeabilización do depósito meirense de auga de Grañanova

Por 8 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Meira deu por finalizadas as obras de impermeabilización do depósito de auga potable de Grañanova, unha actuación subvencionada por Augas de Galicia e financiadas no marco do Eixe React-Ue do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 para o ano 2021.

O que se pretendeu coa realización deste proxecto foi a impermeabilización do interior do depósito de auga de Grañanova, co que se conseguiu un maior volume de auga ao non haber filtracións, e a substitución das reixas de ventilación para dar unha maior seguridade o depósito.

A obra contou cun orzamento de 13.800,68 euros e completan ás actuacións e desenvolveuse a partir do mes de outubro, aproveitando o tempo de chuvias.

Esta obra completou á realizada o pasado ano de dotar dunha estación de tratamento de auga potable (ETAP) no depósito municipal de Grañanova. O obxevctivo desta medida era  corrixir os problemas de exceso de ferro e aluminio.

Os traballaos consistiron principalmente na colocación de filtros para que a auga chegara xa limpa ao depósito.