Skip to main content
Meira

A asociación Avelino Díaz celebra unha asemblea para a renovación da directiva

Por 22 Febreiro, 2022Sin comentarios

A Asemblea anual da Asociación Cultural Avelino Díaz celebrarase no Salón de Plenos do Concello de Meira o sábado 26 de febreiro, ás 17.00 horas, en primeira convocatoria, e ás 17.30 en segunda.

O obxectivo principal desta reunión é a renovación da directiva da asociación tras oito anos de actividade, nunha xestión iniciada o 31 de xaneiro de 2014. “Independentemente das disposicións recollidas nos Estatutos neste sentido, trátase de que a Asociación inicie unha nova etapa”, explican na convocatoria.

Ademais, durante a reunión darase conta do informe de xestión co estado actual da asociación, actividades realizadas, accións iniciadas, número de persoas asociadas, entidades representadas, etc. Toda a información que será sometida a debate e aprobación, poderá consultarse na propia asemblea e, en parte, na páxina web da asociación nos días previos (www.poetaavelinodiaz.gal).

Tamén se presentará o informe económico.