Skip to main content
Muras

Afalu estrea Unidade Preventiva no Concello de Muras

Por 4 Febreiro, 2022Febreiro 5th, 2022Sin comentarios

O pasado 3 de decembro Afalu puxo en marcha a Unidade Preventiva no Concello de Muras seguindo así co seu compromiso “de achegar os recursos dos que dispón as áreas máis rurais e, deste xeito, traballar na prevención das demencias neurodexenerativas, evitar a soidade non desexada e, en definitiva, mellorar a calidade de vida das persoas maiores”.

O equipo técnico da asociación desprázase a este Concello todos os venres en horario de 17:00h a 18:30h para levar a cabo estas sesión que teñen lugar na Casa do médico de Muras.

Este servizo, que se desenvolverá durante todo o ano 2022, é posible grazas á colaboración do Concello de Muras. Desde Afalu agradecen a confianza depositada ná entidade para levar a cabo esta actividade.

Afalu naceu no ano 2002 coa finalidade de desenvolver iniciativas que permitan mellorar a calidade de vida dos familiares e dos enfermos que padecen alzhéimer.