Skip to main content
Muras

Muras volve contar co servizo completo na biblioteca municipal

Por 25 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras relanzou a súa biblioteca municipal ao finalizar o proceso de contratación dunha nova responsable desta infraestrutura, situada nas instalacións da casa consistorial.

Lidia é a nova responsable do servizo, que estrea tamén horario actualizado, de luns a venres de 16.00 a 20.oo horas.

Como auxiliar de biblioteca, a nova xerente accedeu á xestión da mesma a través dun concurso oposición para substituír á técnica municipal que se encargaba do servizo ata o de agora.

Este novo servizo abriuse co financiamento do Plan Único da Deputación de Lugo e permite ofrecer un servizo completo de información bibliográfica, lectura de sala, zona de estudo, préstamo a domicilio, uso de ordenadores e uso público e gratuíto da wifi.