Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Marcelle abre a partir deste sábado as fins de semana

Por 4 Febreiro, 2022Sin comentarios

O parque zoolóxico de Marcelle, situado no termo municipal de Outeiro de Rei, abre este sábado as súas portas trala pausa invernal. O centro manterá un horario só de fins de semana, entre as 11.00 e as 18.00 horas, horario condicionado pola luz solar.

Durante o resto da semana o centro permanecerá pechado ata a tempada alta, a primavera, cando abrirá de forma continuada. 

Lembran a necesidade de uso de máscaras en zonas de interior e en visitas guiadas xa que estas se realizan en grupo. Tamén será obrigado no exterior sempre que non se respecten as distancias mínimas de seguridade.

Así mesmo, explican que no haberá que facer reserva previa da entrada.