Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei presenta as actividades vinculadas á muller

Por 9 Febreiro, 2022Febreiro 10th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo Lombao, e a concelleira de servizos sociais, María José Martínez Vigo realizaron este martes a presentación das Actividades de Promoción da Muller 2022. Finalizada a mesma abriuse xa o prazo de inscrición ata o día 25 de febreiro para as seguintes actividades programadas para o primeiro semestre do ano.

Entre as actividades que dan comezo figuran varios obradoiros, como o de elaboración de xabóns e cosmética natural, xardinería e coidado da contorna, arte floral e un taller de reparación básicas do fogar. Todo isto completarase coa actividade De feira á feira de Melide e á Festa do Melindre.

Por outro lado, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello coa fin de recoñecer e visibilizar o esforzo e traballo das mulleres do municipio realiza por primeira vez un vídeo que baixo o título 8 M- 8 mulleres. Concello de Outeiro de Rei dará a coñecer a 8 mulleres do municipio, “mulleres que dalgunha maneira seguramente representan a outras moitas, e mulleres que nos permitirán ver a diversidade na que vivimos tanto no que se refire ao mundo laboral como aos distintos puntos de vista e percepcións que as mulleres teñen sobre a igualdade”, explicou o alcalde.

A programación prevista para 2022 completarase, xa no segundo semestre do ano, con outras actividades como taekwondo, formación en novas tecnoloxías, obradoiro de muller e saúde e para conmemorar o 25N, a andaina popular contra a violencia de xénero.

Pódese acadar máis información ou realizar as inscricións na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no teléfono 982 393 408.