Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

A CIG anuncia o despedimento inmediato de 40 traballadores en Tegestacín

Por 12 Febreiro, 2022Sin comentarios

A CIG informa, con respecto á empresa Tegestacín, que vén de anunciar a súa intención de efectivizar o 70% dos despedimentos do seu persoal no marco do ERE.

Estes 40 despedimentos deberían realizarse de xeito inminente, restando preto de 20 traballadores para manter unha actividade mínima na factoría durante un breve prazo de tempo.

Asesguran dende o sindicato que “esta intención por fin ten substancia, algo que foi incapaz de concretar a empresa dentro do período de consultas que finalizou o 28 de xaneiro”.

“Malia o anterior dende a CIG seguimos a denunciar a maniobra especulativa e os incumprimentos coa maioría do persoal afectado, pois a empresa acumula o retraso no pagamento dos salarios de Decembro, Xaneiro así como a liquidación que proceda. Contrariamente á situación da maioría do persoal, a empresa está a realizar o desmantelamento programado da factoría coa venta de materiais e asumindo pagos a proveedores por anticipado para manter unha actividade que en ningún caso está a repercutirse nas obrigas co seu persoal”, explican dende a CIG.