Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro pide a conxelación de dietas mentres haxa facturas pendente de pago

Por 17 Febreiro, 2022Sin comentarios

O BNG de Outeiro de Rei fixo unha nova análise da situación económica do concello que afirma que “está a facerse dramática”. Explican que boa proba diso foi o crédito que se viu obrigado a pedir o pasado mes de decembro, “pois as débedas aos provedores xa eran insostibles e había servizos municipais básicos que perigaban, pois algúns xa se negaban a seguir subministrando produtos ou servizos ao concello de Outeiro mentres non saldase estas débedas”.

Engade o BNG que este crédito veu a sumarse aos outros dous, un como adianto de tesourería para adiantar os cortos que logo se ían cobrar polo impostos e outro para poder facer algún tipo de investimento neste ano 2022.

“Unha vez recibidos eses cartos, o concello procedeu a pagar todas esas facturas pendentes, ou cando menos unha boa parte delas. Así, o pasado 27 de xaneiro, aprobouse o pago de 1.091.728 de euros correspondentes a 2.520 facturas que estaban en lista de espera dende había meses”, din.

“Dende o BNG preguntámonos que vai pasar a partires de agora, pois se se gastou todo ese crédito en pagar as facturas antigas, con que cartos se van pagar as deste anos?”, continuou o concelleiro do BNG.

Proposta do BNG

Dende o BNG “nunha xestión prudente dos cartos da veciñanza e nesa liña” propoñen que non se repartan cartos en dietas, en gratificacións ou mesmamente na asignacións a grupos “mentres temos xente que necesita os cartos que se lles adebedan”.

Dese xeito, propóñense conxelar varios pagos mentres se deban facturas ,”por culpa do concello”, con máis de tres meses de antigüidade. Entre as que piden conxelar están:

  • Dietas por asistencia a organismos ou quilometraxe dos concelleiros ou concelleiras.
  • As asignacións que lles corresponden aos grupos políticos segundo a aprobado polo Pleno.
  • As gratificacións excepcionais, que non correspondan a un gasto directo, dos traballadores ou traballadoras do Concello que cobren máis do salario medio galego (aproximadamente 1.421 € brutos no ano 2020)

“Non se pode tolerar que o equipo de goberno siga cos seus días de “viño e rosas” mentres que autónomos e pequenos empresarios non poden afrontar os seus pagos por culpa dos impagos do concello”, rematou Xosé Ferreiro.