Skip to main content
A Pastoriza

O Concello da Pastoriza reparte test de antíxenos nos colexios do municipio

Por 4 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza repartiu trescentos tests covid-19 aos centros educativos de infantil e primaria das localidades de Bretoña e Pastoriza ao non ter o seu alumnado a pauta completa de vacinación.

Dende o Concello da Pastoriza consideran que a situación epidemiolóxica actual, cunha elevada transmisión e a aparición dunha nova variante, “fai recomendable realizar unha especial vixilancia covid no ámbito educativo, coa fin de reforzar a seguridade nas aulas”, indica o alcalde, Primitivo Iglesias.