Skip to main content
A Pastoriza

Adamo presentou na Pastoriza o seu plan de implantación nas parroquias

Por 4 Febreiro, 2022Sin comentarios

O salón de actos da casa da cultura da Pastoriza acolleu a presentación da implantación da rede fibra óptica no termo municipal a cargo da empresa Adamo.

O representante da empresa, dentro das axudas do Goberno central para a instalación de banda ancha no rural, asegurou que chegará a todas as zonas da Pastoriza onde se teña demanda.

De feito, dentro do programa de desenvolvemento de internet no ámbito rural do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a empresa Adamo segue co despregue de fibra nas parroquias de Gueimonde, Crecente e A Pastoriza, pero a empresa segue traballando para ofertar os seus servizos en máis parroquias.

Actualmente estase traballando na Pastoriza e dende alí desenvolverase ao resto das parroquias nun prazo máximo dun ano en caso de que exista demanda.

Este sábado, na feira da Pastoriza, estará instalado un posto informativo da empresa no que se resolverá calquera dúbida.