Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O Concello de Pol somete a información pública o proxecto dunha estrada en Suegos

Por 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Pol someteu a información pública o expediente de expropiación forzosa do proxecto de mellora da estrada local de Cima de Vila á Capela das Neves, en Suegos.

Mediante acordo plenario de data 12 de novembro de 2021, a Corporación de Pol aprobou este proxecto que foi recollido no BOP do 5 de febreiro.

Polo tanto, queda sometido a información pública a efectos de que, polos posibles interesados, poidan presentar alegacións ao devandito expediente polo prazo de vinte días hábiles.