Skip to main content
A FonsagradaPol TERRACHÁXA

Tomé pecha en Pol e A Fonsagrada as reunións coa militancia

Por 9 Febreiro, 2022Febreiro 11th, 2022Sin comentarios

O candidato á Secretaría Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, pechou este martes na Fonsagrada e Pol o seu ciclo de reunións coa militancia destas últimas semanas.

No marco da iniciativa Camiñamos Xuntos, o alcalde de Monforte de Lemos e presidente da Deputación de Lugo, reuniuse cos militantes de toda a provincia, co obxectivo de presentar o seu proxecto de cara ao Congreso Provincial, previsto para o 20 de febreiro.

Esta tarde o candidato estivo acompañado pola militancia da Fonsagrada, ademais dos militantes de Ribeira de Piquín, Baleira e Negueira de Muñiz. A continuación, Tomé Roca visitou á militancia de Pol, sumándose tamén os militantes de Castro de Rei, Meira, Riotorto e A Pastoriza.

Tal e como presentou nos diferentes municipios lucenses, Tomé Roca insistiu na “importancia dun proxecto que se sustente nas bases do partido”. O socialista explicou que a iniciativa “Camiñamos Xuntos” persegue precisamente “contar con todos os militantes, explicarlles o meu proxecto e escoitar as súas inquedanzas, de cara ao Congreso Provincial”.

Neste sentido, Tomé Roca incidiu unha vez máis en “ensanchar as bases do partido se queremos ser determinantes como forza política”.

O socialista lembrou que o PSdeG goberna para “o 65% da poboación lucense, unha maioría que se queremos consolidar e sobre todo ampliar, deberemos traballar como un partido unido”.

Nestas últimas semanas, a militancia socialista puido intercambiar opinións co candidato, grazas á iniciativa Camiñamos Xuntos. “Os Congresos a nivel de partido deben servirnos para escoitarnos entre nós, polo que aínda que non haxa votacións, quero coñecer a opinión da militancia”, sinala.

Deste modo, Tomé Roca puxo fin en Pol e A Fonsagrada a un percorrido que lle permitiu organizar reunións en Chantada, Monforte de Lemos, Cervo, Ribadeo, Foz, Viveiro, Lugo, Becerreá e Sarria, nas que se invitou á militancia dos municipios da contorna.