Skip to main content
As Pontes

O persoal desprazado á termica das Pontes seguirá ata maio

Por 1 Febreiro, 2022Febreiro 2nd, 2022Sin comentarios

Endesa comunicou ao comité de empresa que manterá a eléctrica en funcionamento ata o 31 de maio polo que queda prolongada a estadía do persoal desprazado ás Pontes desde o mes de novembro, cando se reactivou un dos grupos da planta.

Unha vintena de traballadores están afectados por esta medida, traballadores que volveron ás Pontes despois de ser trasladados a otros lugares ante o peche previsto da planta.

Esta decisión tomouse neste sentido xa que Endesa necesita a autorización para clausurar a térmica polo que mentres non reciba esta orde terá que tela en funcionamento, con persoal e combustible. De feito, está previsto que en marzo chegue un novo envío de carbón, continuación dos dous barcos que atracaron en Ferrol en outubro e o outro de principios de decembro.

Malia que a empresa deberá seguir operativa agora mesmo está sen producir debido a unha avaría no único grupo que estaba operativo. Unha vez que se complete a reparación podería volver funcionar.