Skip to main content
Vilalba

A CHMS firma co Concello de Vilalba o convenio para as obras do saneamento e a EDAR

Por 12 Febreiro, 2022Febreiro 13th, 2022Sin comentarios

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, rubricaron onte o convenio de colaboración que posibilita realizar as obras de mellora do abastecemento e do saneamento do municipio lucense de Vilalba.

O presente Convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán a execución das obras e instalacións necesarias, a posta ao dispor dos terreos e o réxime da posterior entrega para o mantemento e conservación das actuacións que se recollerán nos seguintes proxectos: mellora do saneamento e EDAR do municipio, a conexión do polígono industrial á EDAR, melloras técnicas nas ETAP de San Simón e Cañotas, así como, a renovación do sistema de saneamento e depuración en O Campo de Cristo.

Traballos proxectados

O municipio de Vilalba conta cunha rede de saneamento que leva as súas augas residuais á estación de depuración de augas residuais (EDAR) dos Pasos, a cal recibe un caudal en tempo de choivas, que supera a capacidade de tratamento da mesma e que provoca numerosas verteduras residuais sen tratar ao río Madalena. Para solucionalo procederase á construción dun tanque de tormentas e outras actuacións de mellora do pretratamiento na propia EDAR.

Por outra banda, o polígono industrial de Vilalba está conectado á EDAR municipal, na súa gran maioría, e o resto á EDAR do polígono, o que provoca verteduras puntuais sen tratar ao medio acuático; por iso, é necesario conectar exclusivamente as verteduras industriais a esta última, evitando que recolla vertidos de pluviais que puidesen xerar alivios en tempo de choiva.

En terceiro lugar, no Campo de Cristo, xunto á estrada N-634, existe unha pequena poboación, situada en Camiño de Santiago, conectada a unha fosa séptica non operativa, cun colector en mal estado; a opción máis viable é a reposición do citado colector dotándoo, ademais, dunha pequena depuradora.

Por outra banda, as ETAP de San Simón e As Cañotas contan cun sistema de depuración con filtros de area que, cando son lavados, xeran efluentes de auga con certa carga contaminante que é vertida a leito público; para liquidalo, sería necesario dotar a estas instalacións de decantadores lamelares que depuren as verteduras antes da súa saída ao leito.

“Actuacións coas que se solucionará a problemática antiga e recorrente de verteduras que sofre o río Madalena” explicou o presidente.

O investimento estimado supera os 3.250.000 euros, sufragados polo Estado, a través da CHMS, nun 80% e o 20% restante polo Concello