Skip to main content
Vilalba

Mónica García, nova responsable do BNG en Vilalba

Por 13 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba elixiu a través dun proceso democrático, participativo e asembleario a nova responsabilidade local da organización frontista. Como froito deste proceso de renovación, a militancia nacionalista decidiu pór a Mónica García Souto como nova responsábel local.

Mónica García Souto ten 24 anos e é graduada en Dereito. Actualmente traballa e oposita.

A nova responsábel destacou como se desenvolveu o proceso de renovación “a militancia do  BNG é quen decide, nun proceso totalmente democrático quen debe levar  a dirección política, neste caso fun eu a elixida e síntome tremendamente orgullosa de que as compañeiras e compañeiros depositaran en min toda a confianza para proxectar o BNG en Vilalba”

Mónica García destacou os obxectivos que se marca nesta nova andaina “os obxectivos en Vilalba son claros, Vilalba ten moito por gañar e todo por conseguir, polo que o BNG quere aumentar a capacidade organizativa e volver a contar con representación no Concello”

Neste senso, a nova responsábel local destacou a corrente de simpatía ao BNG “cada día hai máis xente que confía e súmase ao proxecto do BNG, queremos recuperar a ilusión e as gañas de conseguir novas metas que garantan unha Vilalba mellor nunha nova Galiza, a que máis pronto que tarde chegará, sen dúbidas”