Skip to main content
Xermade

Rematan as obras de monitorización de catro depósitos de auga en Xermade

Por 10 Febreiro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade rematou os traballos de monitorización dos depósitos de abastecemento de auga potable nas parroquias de Momán, Xermade, Roupar e Cabreiros.

Estes traballos contaron cunha das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento AU300A).

O obxecto desta resolución é establecer as bases dunha convocatoria de axudas que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal obras de abastecemento e saneamento que os concellos precisan.

As obras consistiron en dispoñer de dispositivos autómatas nos depósitos existentes para a monitorización telemática do nivel de auga nos depósitos, a concentración de cloro, a lectura do parámetro do PH e do nivel de cloro no depósito.

O sistema está composto por un autómata ó que se conectarán os distintos sensores.

Colocouse un sensor de presión situado no fondo do depósito o cal se conectou ó autómata para rexistrar os datos de nivel do depósito. Ademais, debido a que o sistema de dosificación presente nos depósito atópase cun mal funcionamento e mal estado en xeral na actualidade, substituíronse os actuais, por equipos novos de regulación de cloro, instalando unhas bombas recirculadoras da auga para o tratamento de dosificación e control do nivel cloro e pH da auga en tempo real.

Instaláronse bombas dosificadoras de cloro para regular a concentración de cloro presente nos depósitos. Os sensores de cloro e pH van conectados ó autómata para enviar os datos para a súa monitorización. Incluíuse unha sonda para ter constancia do nivel mínimo de cloro no depósito.

Para a instalación da dosificación de cloro empregouse parte da instalación existente de fontanería, non tendo que facer obras na parede do depósito para acceder coas tubaxes ó interior do depósito.

Xunto con todo o sistema instalouse un sistema de alimentación ininterrumpida para que o sistema siga en funcionamento en caso de fallo eléctrico durante 6-8 horas. En caso de corte eléctrico enviarase aviso á aplicación que administra o sistema.

O autómata envía datos á nube mediante GPRS que serán tratados por unha aplicación que os mostrará de xeito amigable, enviando alertas cando os niveis rebasen os estándares establecidos. A aplicación disporá dun módulo para inserir de forma manual os datos medidos nos puntos finais da rede. A aplicación está dispoñible para teléfonos móbiles intelixentes e en formato aplicación web. O número de licenzas dispoñibles é ilimitado.

Con estas actuacións monitorizase por unha banda o nivel do depósito, para dar unha mellor e máis rápida resposta ante problemas nas reduccións dos niveis dos depósitos que poidan provocar desabastecementos ás persoas. Por outra banda, mellórase o sistema de desinfección mediante cloro, repoñendo o sistema de dosificación e monitorizando a concentración de cloro e o nivel de cloro no depósito para detectar posibles problemas de funcionamento neste sistema. Con todo isto, preténdese mellorar o servizo de abastecemento de auga potable as poboacións afectadas, reducindo o máximo a vulnerabilidade da mesma.

Con estas actuacións preténdese monitorizar, por unha banda, o nivel do depósito, para dar unha mellor e máis rápida resposta ante problemas nas reducións dos niveis dos depósitos que poidan provocar desabastecementos ás persoas; e por outra banda mellórase o sistema de desinfección mediante cloro, repoñendo o sistema de dosificación e monitorizando a concentración de cloro e o nivel de cloro no depósito para detectar posibles problemas de funcionamento neste sistema. Con todo iso preténdese mellorar o servizo de abastecemento de auga potable ás poboacións afectadas, reducindo ao máximo a vulnerabilidade das mesmas.