Skip to main content
Xermade

Xermade reparte os cartos do Plan Único

Por 21 Febreiro, 2022Febreiro 22nd, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno Local do Concello de Xermade reuniuse en sesión ordinaria para aprobar, entre outos asuntos, a participación do Plan Único de cooperación dos concellos da Deputación de Lugo, que asigna ao municipio un total de 308.297,41 euros, dos cales se adica a investimentos o 66,89% (206.215,69 euros).

Así, serán catro bloques de obra os que se leven este investimentos. 64.464 euros irán para a reparación de estradas en Xemaré, Protovelo, Cerracín-Pingaroa, Pingaroa, O Barreiro, Golpilleira, etc.

Outra partida de 58.731 euros irán para a reparación de estradas en A Pena, Roupar, Azoreira, O Empalme, Casanova, Leboré, Reguengo, Castiñeiras e A Touza. Esta obra estará completada con 15.325 euros de aprotación municipal.

Para a área de xogos infantís de Roupar irán 58.671 euros e para a construción do depósito de reserva antiincendios en Xermade 21.348 euros.

Ademais, das obras, está previsto o pagamento do Servizo de Axuda no Fogar, por un montante total de 23.403 euros e outra partida para o programa de fomento do emprego a través de Depuemprego, un total de 59.578 euros.

Tamén haberá achegas para actividades culturais e deportivas, como os 6.000 euros que se destinan á organización do premio Xermade na Historia e as Xornadas Interxeneracionais de Cabreiros; a mesma cantidade que recibirá o XXII Encontro de torneiro de madeira.

Ademais, 4.000 euros irán para o equipamento do persoal de Protección Civil, con seguros, vestimenta e combustible; así como outros 3.100 para dúas convocatorias deportivas, a Copa Concello de Xermade e a Carreira Popular, que recibirán 3.100 euros en total.