Skip to main content
Xermade

Xermade quere que o Encontro de Torneiros sexa Festa de Interese turístico

Por 26 Febreiro, 2022Febreiro 27th, 2022Sin comentarios

Na última sesión plenaria de carácter ordinario celebrada en Xermade no mes de febreiro, acordouse solicitar a distinción de festa de interese turístico de Galicia para o Encontro Internacional de Torneiros, que este ano 2022 celebra a súa XXII edición.

“Ao tratarse dun evento único en Galicia, no que se xuntan torneiros de relevancia internacional, dende o concello agardan que se acade este distintivo”, explican dende o Concello.

Tamén se aprobou o cambio de uso dunha parte da parcela na que se ubica a reitoral de San Pedro Fiz de Roupar, para executar un parque infantil. Esta parcela vai ser adquirida polo concello, froito dun acordo co Bispado de Mondoñedo-Ferrol no que se inclúe a Reitoral de Xermade, pero con carácter previo debe segregarse a porción na que se ubica a reitoral. O parque infantil será executado con fondos do Plan Único 2022 da Deputación de Lugo.

Na parte de fiscalización e control, douse conta das subvencións solicitadas neste 2022 (entre elas o Plan Único 2022 da Deputación), así como dos envíos realizados á Oficina Virtual de Coordinación Financeira coas Entidades Locais do Ministerio de Facenda, entre eles o Período Medio de Pago do 4º trimestre de 2021, que é de 16,93 días.

No Pleno tamén houbo unha loubanza ao xuízo polo asasinato de Desirée Leal mostrando o apoio á familia, así como a da veciña de Candamil que sufriu un roubo con agresión no seu domicilio.