Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAViveiro

Confirmada a III Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro

Por 21 Marzo, 2022Setembro 23rd, 2022Sin comentarios

Por terceira vez, Viveiro acollerá a Carreira de Cabalos Cidade de Viveiro, na que os amantes dos equinos poderán presenciar as mellores carreiras.

Este torneo vaise disputar os día 10 e 11 de setembro no campo de fútbol de Celeiro, sempre e cando as circunstancias sanitarias o permitan.

En anos anteriores participaron a asociación Cabaleiros do Landro, a Federación Galega de Hípica, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Viveiro.

En 2019 contaron tamén con feira de gando e premios para os que levaban o maior número de reses equinas e outros cen para o número maior de cabezas de vacún. Ademais dos premios para as diferentes modalidades do torneo.

A organización ofrecerá máis datos do torneo a medida que se vaia aproximando a data.