Skip to main content
AlfozComarca AMARIÑAXAO Valadouro

A Plataforma de Afectados pola Macrocentral di o Concello de Alfoz presentou a sua alegación fóra de prazo

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios

Dende a Plataforma de Veciños Afectados pola Macrocentral Hidroeléctrica do Xistral, veñen de informar da “deixadez e despreocupación do goberno do concello de Alfoz en  canto o anteproxecto de central hidroeléctrica reversible proxectado no noso Val e que afecta  a os nosos veciños.” 

Segundo a Plataforma e os documentos publicados na web municipal, “con data 26 de febreiro rexístran no concello  a apertura do período de consultas para para o procedemento de evaluación de impacto  ambiental do proxecto “20210509 / Central Hidroeléctrica Reversible Xistral de 936 Mwe,  ubicada en los términos municipales de O Valadouro, Ourol, Alfoz, Cervo y Xove, provincia de  Lugo.”, otorgando un prazo de 20 días hábiles para a súa contestación”. 

“Cos datos que eles mesmos facilitan, o último día para presentar alegacións sería o 23 de febreiro de 2022, e os documentos que colgan na páxina web están asinados do día 24, polo tanto, presentados fóra de prazo”, din dende a Plataforma. 

Dende a plataforma seguimos traballando e aproveitando os últimos días para presentar as  alegacións correspondentes. 

Nos próximos días procederán a recollida de todas as firmas, tanto en papel como en Change.org, para presentalas esta fin de semana ante o Ministerio para amosar o apoio  recibido pola veciñanza en contra deste anteproxecto.

PARTIDO POPULAR

o PP de Alfoz Afea ao alcalde que, logo de “negarse a dar explicacións a concelleiros e veciños, ocultando así información do proxecto, en ningún momento se puxesen en contacto coa oposición para facer un traballo conxunto”. 

“Parécenos moi grave que o Concello presentase a alegación á hidroeléctrica fóra de prazo”, sinalan dende o Grupo Municipal Popular de Alfoz. É, por este motivo, polo que consideran que “estamos ante un equipo de goberno que non está á altura dos veciños”. “Merecemos gobernantes que nos defendan e traballen con responsabilidade pública, non todo o contrario”, engaden.