Skip to main content
Comarca AMARIÑAXA

Os diferentes concellos da Mariña concentráronse en apoio ao pobo ucraíno

Por 10 Marzo, 2022Sin comentarios

Os veciños da Mariña participaron nas concentracións de apoio ao pobo Ucraíno.

Os diferentes concellos da Mariña solidarizáronse onte, mércores 9, co pobo ucraíno. Así, fixeron concentracións en apoio ás que os traballadores municipais e os veciños sumáronse a iniciativa.

Deste xeito, os concellos quixeron trasladar o seu apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucraína.

Por outra banda, o Concello de Ribadeo ofreceu a súa colaboración para a acollida dos refuxiados de Ucraína que puidesen chegar a esta zona, e ofreceu a instalación do Centro de Experimentación Agraria Pedro Murias e tamén o Albergue Xuvenil da Devesa, que é da titularidade autonómica e atópase nun óptimo estado para acoller a ducias de persoas durante un tempo indeterminado.

Tamén están a coordinar e crear unha rede de voluntariado entre as familias de Ribadeo que quixeran de xeito solidario e altruísta manter contacto e iren integrando na nosa sociedade a estes posibles refuxiados e refuxiadas, posto que ter á xente durante un tempo indeterminado nunhas instalacións a modo de campamento de refuxiados non resolve o problema de integración nin de superación dos traumas que poden traer por mor da guerra.