Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAMar AMARIÑAXA

Convocan unha nova edición do programa Mares de Cultura

Por 27 Marzo, 2022Marzo 28th, 2022Sin comentarios

Comeza unha nova edición do programa Mares de Cultura, os Nenos e o Mar, promovido polo GALP A Mariña-Ortegal. Trátase dunha campaña escolar de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, presentada a través dun completo programa de actividades.

A campaña está dirixida a escolares de infantil e primaria de entre 5 e 12 anos de idade dos municipios de A Mariña Lucense (O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo).

O principal obxectivo é achegar ás novas xeracións ao entorno litoral de A Mariña Lucense, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademáis, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.

Cada centro educativo poderá solicitar a participación de balde na campaña que inclúe unha charla/presentación no centro, e unha xornada de actividades. Cada grupo pode escoller dúas ou tres actividades, para realizar ao longo dunha xornada. O número de participantes por cada centro limitarase a 50 escolares, ampliable dependendo da dispoñibilidade de prazas.

O prazo de inscrición é ata o 19 de abril de 2022 e as actividades realizaránse do 19 de abril ata o 22 de xuño de 2022. Estas consistirán en obradoiro de limpeza de praias, roteiro ornitolóxico de observación de aves, obradoiro de especies invasoras, roteiro interpretativo da Ría, roteiro interpretativo intermareal, Museo Provincial do Mar, carpintería de Ribeira, redeiras Cabo Burela, peixería O Almacén do Peixe, lonxa de Burela, varco Museo Reina del Carmen, Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e kaiak e Surf

As reservas e a información ofrécese a través do mail maresdecultura@gmail.com ou no teléfono 659 167 197.