Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

Esta fin de semana será o Xove Costa Trail

Por 17 Marzo, 2022Abril 11th, 2022Sin comentarios

Esta fin de semana, do 19 e 20 de marzo, celebrarse a nova edición do Xove Costa Trail na que a organización xa ten listo o programa e horarios das carreiras.

Este ano haberá novidades importantes, cambian as distancias e recorridos das carreiras. A longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu percorrido 10km e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 km o seu recorrido e seguirá sendo lineal con chegada en Xove, e a andaina será de 12 km sendo circular en sentido contrario ás carreiras.

As carreiras dos nenos serán un circuito trail no entorno de Roncadoiro. A XCT35K, XCT18K e andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos os sábado pola mañá.
Para os nenos nados nos anos 2011-2012-2013-2014-2015 cunha distancia de 0,82Km 26m+ 48m-; e para os de 2007-2008-2009-2010 cunha distancia de 1,62Km 69m+ 82m-.

O Xove Costa Trail é unha carreira por montaña que transcorre na súa maioría do percorrido pola senda costeira do Camiño Natural do Cantábrico, desde a Praia de Portonovo percorrendo todo o sendeiro costeiro, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público.

PROGRAMACIÓN

RECOLLIDA DE DORSAIS

  • Venres 18 de 19:00 h a 21:00h. Pavillón Municipal (Trails-Andaina-Nen@s)
  • Sábado 19 as 11:00h. en Faro Roncadoiro (Trails dos nen@s)
  • Sábado 19 de 17:00 h a 21:00h no Pavillón Municipal (Trails 35K-18K-Andaina)
  • Domingo 20 dende as 8:00 h no Pavillón Polideportivo de Xove. (Trails 35K-18K-Andaina)

CARREIRA

Sábado 19:

  • XCT Nen@s:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais, na zona do Faro Roncadoiro (11:30h).
    • Desprazamento particular a zona das carreiras.
    • Saída das probas as 12:00h. Circuitos MiniTrails de Faro Roncadoiro e Monte Castelo. Meta no Faro Roncadoiro.

Domingo 20:

  • XCT 35K:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
    • Polideportivo de Xove (Centro Civico). Saída da proba dende o Centro Cívico as 9:00h.
    • Chegada o Centro Civico de Xove. Carreira circular de 35 km.
  • Andaina:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais na zona do Portiño de Portocelo (9:30h).
    • Saída da proba dende Praia de Portocelo as 10:00h., chegada a Praia de Portocelo. Ruta Circular 12Km.
  • XCT 18K:
    • Xuntanza e ultima recollida de dorsais a partir das 8:00h. da mañan, no Pavillón
    • Polideportivo de Xove (Centro Civico). Dende Centro Civico, desprazamento en autobús ata o punto de saída (Punta da Mansa) as 9:40h.
    • Saída da proba dende A Mansa as 10:30h. Carreira lineal de 18 km.