Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Charli recunca e faise coa vitoria no aberto de billarda de San Miguel

Por 13 Marzo, 2022Sin comentarios

Non cabe dúbida que xogar en sábado caelle moi ben a zuda d’ouro da LNB, así, en San Miguel o Yul Brynner dos Carabullo conseguiu unha xornada case perfecta e corouse campión do aberto de Flores e de San Rosendo e daquela puido lucir ao rededor do seu colo a mais grande ristra de chourizos da tarde.

Desta volta a serpe multicolor da LNB estivo composta por sesenta e oito palanadores (51 homes, 14 donas e 3 cativos), que repartidos por sorteo en oito grupos, loitaron por acadar os meiores postos na clasificación deste aberto.

A xornada resultou moi dificultosa para a gran maioría dos palanadores que impotentes, podían sentir como o vento sopraba a vento e facía bailar as billardas no aire e as apartaba do seu natural e desexado percorrido cara o varal.

Voltando o xogo dicir que malia os atrancos pra dirixir ben as billarda, dous palanadores houberon de xogar un desempate para o segundo e terceiro posto absoluto e quedaron a so un punto do campión.

Os tales foron Manu Pozo, de Billardeiros Musicais de Ribadeo, e Juan Carlos, Campo da Feira de Paiosaco. O ribadense cedeu na primeira carreira, pero soupo remontar e facerse co segundo caixon do podio.

En donas, a mellor foi outro carabullo, Irea, seguida de Geni e de Aroa, as dúas de Billardeiros Musicais; e para rematar a carabullada gañaron por equipos por diante de Troitas Bravas e Billardeiros Musicais.

En infantís, Aroa segue en boa xeira e mantén unha regularidade increscendo xornada a xornada, seguírona Diego e Mateu, os dous de Madia leva de Lugo.

Rematada a xornada, gardouse un minuto de silencio en recordo de Mario Rodríguez, presidente de Xogos tradicionais de Compostela, e de Suso Coedo.

Acto seguido o seleccionador Manolo Flores ou Manolo Cadramón, xefe do Servicio Deportes Xunta de Galicia, e de dúas representantes da comisión de festas de San Rosendo, fixeron entrega de  trofeos e agasallos os gañadores do aberto.

A vindeira proba billardeira será o domingo 20 de marzo en Begonte.

As clasificacións quedan asi:

Individual:  

Manu Pozo  (Billardeiros Musicais) 116 p.

David Navallo (Troitas Bravas) 112 p.

Sachasi (Troitas Bravas) 111 p.

Donas:

Aroa (Billardieors Musicais) 85 p.

Irea (Carabullo) 68 p.

Geni (Billardieors Musicais) 53 p.

Equipos:

Carabullo 464 p.

Troitas Bravas (A Pontenova) 455 p.

Billardeiros Musicais (Ribadeo) 453 p.