Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

A última tirada do Campionato de Bolos de Xove contou con 27 inscritos e a entrega de premios

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

A última tirada desta XXXIII edición do Campionato municipal de Bolos de Xove e que contou con 27 inscritos e na que ao remate da tirada e coas clasificacións feitas, pasouse á entrega de premios e trofeos, acto presidido pola concelleira de Deportes Cristina Iglesias.

No que respecta aos inscritos desta tirada temos que decir, tendo en conta a normativa do campionato, que non todo o mundo se puido apuntar; exclusivamente  os que cómo mínimo habían participado en 4 tiradas pudieron participar nesta última, xa que as normas obrigan, en todas as categorías, a ter participado como mínimo en 5 tiradas para poder optar aos premios finais. Se ás catro tiradas realizadas como mínimo lle sumamos esta tirada final xa temos as 5 tiradas imprescindibles para optar aos premios e á clasficación final.

No tocante a liga sénior masculina o campión foi Miguel López que conseguiu a súa 9ª victoria, a 5ª consecutiva, nas 10 últimas tiradas celebradas. Miguel consigue o seu cuarto campionato absoluto consecutivo, sumado aos conseguidos nas temporadas 18-19, 19-20 e 20-21. Dada a súa xuventude e o seu potencial estamos seguros de que non vais ser o último.

A esta festa sumouse tamén o subcampión, Daniel Alonso, compañeiro e coetáneo de Miguel dende a categoría Sub-16. Daniel, xunto a Moisés Rodríguez, foron os únicos xogadores que puntuaron en todas as tiradas. Daniel mellorou moito no seu xogo, conseguindo unha importante regularidade, o cal sumado ao seu talento posibilitou este magnífico 2º posto final, que deixou a 31 puntos ao terceiro clasificado, que non foi outro que Francisco Pérez.

Francisco Pérez foi o dominador da primeira parte do campionato, pero unha inoportuna lesión a mitade de temporada, mermouno nas súas posibilidades, o que lle supuxo pasar do subcampionato obtido a pasada temporada ao terceiro posto final nesta. Aínda así, a súa campaña pode considerarse excelente, non desmoralizándose nunca  e pelexando ata o final.

Dentro da liga séenior masculina de maiores de 60 anos, os tres xogadores que conseguiran máis puntos durante a liga regular teñen dereito a tres premios e foron José González Rodríguez, José López Riveira e Arturo Rodríguez Álvarez.

Na liga femenina sénior Julia rematou a tempada cunha victoria impoñente, xa que se foi aos 304 tantos, que para súa categoría é unha cifra espectacular. Nunha carreira deportiva paralela á de seu irmán, sumou o seu 4º título consecutivo, xa que ao deste ano hai que engadirlle os conseguidos nas tempadas 18-19, 19-20 e 20-21.

En segundo posto Belén Meitín e terceira Carmen Roca, polo cal a tripleta gañadora da pasada temporada consigue repetir nesta. Nesta última tirada de Sumoas quedaba por ver quen se facía coa 4ª e 5ª prazas. Finalmente Concepción Piñeiro foi 4ª e a veterana Salomé Bermúdez conseguiu a 5ª praza que daba opción a premio e trofeo.

Na liga Sub16 Christian tiña unha única oportunidade de gañar este campionato era que Xenxo non participara. Pois ben, Xenxo non só participou senón que gañou cómodamente a súa última tirada nesta categoría e obtendo así o seu primeiro campeonato na nosa competición, que esperemos sexan moitos nos vindeiros anos. Xenxo, que para o ano competirá na categoría senior, despídese  ao grande da Sub 16.

Por detrás, e puxando moi forte, Christian Cociña, xogador xove que, o mesmo que Xenxo, representa o futuro máis inmediato deste deporte no Concello. Pola súa banda, os irmáns Cancelos, Jordi e Naia (12 e 10 anos respectivamente), siguen a súa aprendizaxe neste deporte, coa mirada e o cariño do seu pai (César Cancelos) sempre presente.

Así, foron os resultados:

Sénior

Campión: Miguel López Formoso

Subcampión: Daniel Alonso López

Terceiro: Francisco Pérez González

Mellor bolada: Moisés Rodríguez Casabella, cunha bolada de 101 tantos obtida na tirada do Centro Social do Cruceiro o 8 de febreiro.

Sénior maiores de 60

Campión: José González Rodríguez

Subcampión: José López Riveira

Terceiro: Arturo Rodríguez Álvarez

Mellor xogador: José López Riveira de 78 anos

Sub16

Campión: Xenxo Salgueiro Franco

Subcampión: Christian Cociña Gonzále

Terceiro: Jordi Cancelos López

Feminina

Campiona: Julia López Formoso

Subcampiona: Belén Meitín Rouco

Terceira: Carmen Roca Corral

Mellor bolada: Julia López Formoso, cunha bolada de  94 tantos obtida  no Club de Palmeiro o 15 de xaneiro de 2022.