Skip to main content
Alfoz

O Concello de Alfoz organiza cursos gratuítos para aprender a utilizar o móbil

Por 20 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz organiza para os seus veciños e veciñas cursos gratuítos e en grupos reducidos para aprender a utilizar o móbil.

Comezarase con cursos de nivel básico e logo de nivel avanzado, todos en dúas sesións de unha hora e media, o luns e o mércores na casa da cultura. Estes obradoiros contan con dous horarios para elixir, o primeiro de 17.00h a 18.30 horas e o segundo de 18.45h a 20.15 horas.

As persoas interesadas poden anotarse na casa do Concello, na Oficina de Rexistro, ou chamado ao 982 558 001 (ext.3). Para máis información poden chamar ao 982 558 001 (ext.2 Arantxa).