Skip to main content
Barreiros

San Miguel de Reinante volve celebrar o San Rosendo

Por 3 Marzo, 2022Sin comentarios
A comisión de festas do San Rosendo de San Miguel de Reinante vén de comunicar que se vai celebrar a feira tralo parón pola covid-19 e que se celebrará esta fin de semana do 5 e 6 de marzo.

Así, comezará o sábado 5 de marzo cunha misa en honra a San Rosendo ás 12.30 horas e ao finalizar hai unha sesión vermú co grupo La Favorita e a sección infantil do Arco da Vella.

Xa pola tarde, será o aberto de billarda das flores no campo de fútbol das Valgas, e ás 21.30 horas volverá a verbena a cargo de La Favorita e Gran Parada.

O domingo 6 será a exposición de gando e o mercado de artesanía ademais da misa ás 12.30 horas e a actuación do grupo de música tradicional Zurrumalla. POla tarde será a quenda dos xogos ecuestres de cabalos e cabaleiros en colaboración con Xinetes de Remourelle e a participación dos xingantes e cabezudos recén restaurados do Concello de Barreiros.

Ambos días haberá polbo a cargo de A Rochela e contarán con carpa para as posibles inclemencias meteorolóxicas.