Skip to main content
BurelaDeportes AMARIÑAXA

Rafa Merino será o primeiro adestrador do Pescados Rubén

Por 29 Marzo, 2022Sin comentarios

O Pescados Rubén Burela anuncia o nomeamento de Rafa Merino como primeiro adestrador tras a marcha de Alberto Riquer. A duración por esta designación como técnico principal, será ata final de tempada. O Club confía en Rafa Merino, que xa tivo un bo desempeño en Esportiu Rubí FS como coordinador da base ademais de conxuntos sénior e no Birmingham da liga inglesa como adestrador.

O Club encoméndase no adestrador tarrasense co ánimo de mellorar na última fase de competición.

“É obvia a ardua situación dos laranxas en liga, que figuran como pechacancelas na clasificación”, manifestou a directiva, “confiamos plenamente nas capacidades de Rafa Merino, pois é unha persoa que durante a estancia con Ríquer demostrou moito traballo, e que durante os últimos dous partidos que o equipo quería loitar e gañar. Tamén é de destacar o apoio que brinda a directiva ao adestrador, pois esperan que consiga os mellores resultados posibles de aquí a final de tempada”.

Doutra banda, a perspectiva de Rafa Merino ante un reto difícil, é que “se ve con forzas” e “con apoio do Club e a xente”, “con ganas de tentar cumprir o obxectivo”. É evidente o máximo compromiso e traballo que vai achegar ao Club ata final de tempada.

Con nove xornadas por diante, o equipo buscará dalo todo por sacar puntos en cada partido, empezando contra o Jimbee Cartaxena despois deste pequeno parón.