Skip to main content
Cervo

Cervo usará o remanente do 2021 para diferentes obras no termo municipal

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Cervo aprobou na sesión plenaria celebrada unha proposta de modificación orzamentaria co obxectivo de executar parte do remanente líquido de tesourería do ano 2021 para facer fronte a diferentes actuacións.

Con esta modificación orzamentaria farase uso de parte do remanente do curso anterior, para efectuar sete actuacións diferentes, por un valor de 925.552 euros.

As actuacións que se van levar a cabo os vindeiros meses mediante o remanente de tesourería son:

  • Paseo peonil de Sargadelos, por un importe de 499.887 euros.
  • Mellora do camiño rural dende Rego de Outeiro ata a Corcova, Rúa; por un importe de 47.742 euros.
  • Acondicionamento do camiño para a creación dunha pista de equitación nas inmediacións das instalacións da Bidueira, por un importe de 37.238 euros.
  • Acondicionamento e mellora das zonas de Penido e Cuiña, por un importe de 52.440 euros.
  • Acondicionamento e mellora dun camiño na parroquia de Rúa, por un importe de 75.777 euros.
  • Substitución da cuberta do clube deportivo de Río Cobo, por un importe de 48.350 euros.
  • Ampliación do Museo do Mar, por un importe de 164.115,40 euros.

En declaracións do alcalde, Alfonso Villares,: “poderemos levar a cabo as diferentes actuacións proxectadas debido a, o que nós entendemos como unha xestión responsable, do diñeiro público e, desta forma, damos resposta ás necesidades que a nosa veciñanza nos presenta no día