Skip to main content
Cervo

O Concello de Cervo rexeita as obras da ponte da Obriga en Sargadelos

Por 26 Marzo, 2022Sin comentarios

O concello de Cervo non considera acertada a actuación que a Deputación de Lugo realizou á hora de reparar a Ponte da Obriga, en Sargadelos.

A ponte atopábase en mal estado despois de que varias pedras que formaban o seu muro caeran ao río, provocando situacións de perigo para os visitantes da zona.

A institución provincial considerou que a mellor solución posible para esta ponte – repetimos, protexida por Patrimonio –  era a de colocar un quitamedos convencional ao longo de toda a súa lonxitude, evitando así volver a devolver o muro da ponte ao seu estado orixinal.

Para o alcalde Alfonso Villares “esta actuación por parte da Deputación Provincial de Lugo non se adecúa ao patrimonio natural e histórico dunha zona tan especial do noso municipio como é o Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, que ademais se trata de un Ben de Interese Cultural”.

“Desde o Concello de Cervo queremos preguntarlle á administración provincial se, en primeiro lugar, pediron permiso a Patrimonio para realizar esta intervención e, en segundo lugar, se deron conta a dito organismo da actuación que levaron a cabo” inquiriu o rexedor.