Skip to main content
FozMar AMARIÑAXA

O BNG de Foz propón adherirse ao Manifesto de Burela en defensa do sector pesqueiro

Por 2 Marzo, 2022Sin comentarios

A preocupación do sector pesqueiro po las consecuencias do posible do desenvolvemento da Industria da eólica mariña no Cantábrico, fixo que en novembro de 2021 todas as Federacións do Cantábrico asinaran o Manifesto de Burela en desfensa do sector pesqueiro cantábrico noroeste.

Os asinantes, entre eles a Federación Galega de confrarías de mariñeiros e a Federación Provincial de confrarías de pescadores de Lugo, queren informar á opinión pública a través deste Manifesto da posición do sector pesqueiro que traballa no caladoiro de Cantábrico-Noroeste en relación a devanditos proxectos e o seu impacto no seu medio de vida. Os pescadores tamén estan afectados e alarmados po los efectos do cambio climático, tanto como membros da sociedade civil, como traballadores. A costa Atlántica e do Cantábrico non só contan cunha das flotas de pesca máis importantes de toda a UE, senón que é unha das costas máis ricas en caladoiros de pesca que están nunhas condicións inmellorables de conservación, como demostra a gran cantidade de superficie cuberta por Espazos Mariños protexidos.

Dende o BNG de Foz “compartimos coas Confrarías o rexeitamento ao cambio de paradigma, que poderosos grupos de presión, pretenden impoñer, de ir cara a unha industrialización do mar como fonte de enerxía renovable, en detrimento da produción de alimentos sostibles e saudables, en detrimento do sector pesquero, as súas familias, as comunidades pesqueras e ademais nestas costas en zonas altamente dependentes da pesca, sen que se fixera ningunha avaliación sensata de como afectan aos nosos ecosistemas tales industrias. O dano que se pode facer ao ecosistema pode ser irreversible, e isto non só afectará ao sector pesquero, a sociedade verase prexudicada”.

“Tal como xa indicou o Parlamento Europeo no seu Informe sobre o impacto no sector pesqueiro dos parques eólicos e outros sistemas de enerxía renovable, a liña vermella que non se pode exceder na implantación desta enerxía eólica mariña en augas da UE é a non afectación a caladeiros de pesca e á actividade pesquera, destacando que se designen os caladeros históricos e tradicionais específicos dos pescadores locais como zonas que deben permanecer libres de enerxías renovables mariñas porque o esencial é preservar os nosos ecosistemas e a nosa actividade de proveedores á sociedade da proteína animal saudable que menos pegada de carbono deixa no planeta, tendo en conta que as restricciones de acceso, poderían socavar a prestación responsable e sostenible de seguridade alimentaria”, din dende o grupo nacionalista focego. 

A pesca en si mesma xa forma parte da solución para paliar o cambio climático, e os pescadores din “non podemos ser substituídos nos nosos mares por industrias que afecten ao noso modo de vida e aos nosos ecosistemas en prexuízo de toda a sociedade e para beneficio de empresas energéticas que demostraron estar moi apartadas do interese xeral e do ben común”. Teñen todo o apoio do BNG de Foz e agardamos que de todo o pleno do Concello.