Skip to main content
Foz

Catorce escolas de hostalería participarán no XIV campionato de baristas do IES de Foz

Por 8 Marzo, 2022Marzo 9th, 2022Sin comentarios

Catorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra este xoves e venres. Foi presentado hoxe, luns, no salón de actos do centro polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a xefa territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o director do IES focense, Nicolás Asensio. No acto participou tamén o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, xa que se aproveitou a presentación para inaugurar a food truck do IES de Foz, vehículo que foi acondicionado coa colaboración do centro de formación profesional ribadense.

O alcalde de Foz manifestou “para nós é sempre un orgullo poñer en valor estes grandes profesionais da hostalería que están saíndo do IES de Foz. E estes campionatos tamén serven para que a xente recoñeza que debemos contar con grandes profesionais en todos os sectores e animar a todo aquel que queira traballar en hostalería a que veña formarse porque hai grandísimos mestres neste centro. Precisamente nunha comarca tan eminentemente turística como A Mariña temos que apostar por que o sector cada vez se especialice máis”.

O director do IES de Foz explicou que “este campeonato nos abre una ventana a la normalidad, después de una situación que ha sido dura durante estos años. Lo importante del campeonato, siempre lo es pero este año quizás más, son los alumnos y las alumnas que van a participar y los que están colaborando junto con el departamento en montar todo esto, que da muchísimo trabajo. Los representantes del IES de Foz en esta ocasión son Sergio Bartomeu Casabella -un alumno de 2º del Ciclo Medio de Servizos- y Gutiérres Lima Nascimiento, que es un alumno de 3º del Ciclo Dual Doble Titulación en Dirección de Cocina y Dirección de Servicios. Agradecerles las horas que le han echado y las ganas que tienen y desearles, sin pretender favoritismos, que les vaya muy bien”.