Skip to main content
Lourenzá

O PP de Lourenzá insta á alcaldesa a que se volva incluír o mosteiro no Plan Nacional Turístico Xacobeo

Por 28 Marzo, 2022Sin comentarios

O PP de Lourenzá insta á Rocío López a esixir ao Goberno que volva incluír o mosteiro no Plan Nacional Turístico Xacobeo e asigne os 2 millóns que primeiro aprobou e despois retirou.

“Vender a pel do oso antes de cazalo ten riscos evidentes. Iso mesmo puido comprobar á alcaldesa de Lourenzá no caso do mosteiro de San Salvador, porque deu por feita a concesión de dous millóns de euros para a rehabilitación deste ben a cargo do Plan Nacional Turístico Xacobeo, sen ter en conta que o Goberno central é un Goberno informal, no que non se pode confiar. A alcaldesa, Rocío López, comprobou como o Executivo central cambiou de criterio, modificou as bases da convocatoria, e decidiu financiar unicamente actuacións de mellora en bens de titularidade pública, co que quedaron fóra do Plan os dependentes da Igrexa, entre eles o mosteiro de Lourenzá”, así o sinala o portavoz popular neste municipio, Francisco Javier Rodríguez.

O portavoz popular destaca que “cun Mosteiro restaurado e con usos públicos e privados poderiamos mellorar o turismo; apoiados no Camiño de Santiago e cun adecentamento e ordenamento das nosas rúas e das nosas prazas, fariamos de Lourenzá un pobo de primeiro nivel turístico, o potencial”.

Rodríguez di aos socialistas que “en canto ao mosteiro, xa está claro que se vai perder a subvención de 2 millóns de euros; todo, gracias ós seus colegas do goberno central, que a falta de 15 días cambiou as regras de xogo”.

Os populares apuntan con mirada crítica aos socios de Pedro Sánchez no Goberno e a súa comprobada xenreira a todo o que teña que ver coa Igrexa, e aquí non só perde a Igrexa senón toda Galicia”. Nesta liña, Rodríguez supón “que un de Podemos pasou unha mala noite e levantouse atravesado”.

No PP queren saber se a alcaldesa, Rocío López, pediu o ten previsto pedir explicación aos seus correlixionarios do Goberno polo cambio de criterio que impide que o mosteiro de Lourenzá se poida beneficiar dos fondos do Plan Nacional Turístico Xacobeo. Os populares lembran que nun tuit, o Concello de Lourenzá, aseguraba con optimismo, que despois se viu que era totalmente inxustificado: “Hoxe celebramos una boa nova para todos os laurentinos”. A boa nova durou moi pouco e o mosteiro quedou sen subvención.

Rodríguez tamén confía en que o senador socialista César Mogo pida explicación ao Goberno, porque no seu día achegouse a Vilanova, segundo escribiu nun tuit, porque, dicía, a alcaldesa, “(…) conseguiu que o Goberno de España inclúa no ¡Plan Turístico Nacional Xacobeo 21/22 ao Mosteiro de San Salvador (…)”. Pois non foi así”, conclúe o popular laurentino.