Skip to main content
Ourol

O Concello de Ourol vai realizar un curso de informática básica

Por 9 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Ourol vai realizar un curso de informática co obxectivo de aprender de forma práctica a utilización de dispositivos móbiles no día a día como pedir citas por Internet, manexarse nas páxinas das diferentes administracións, aplicacións bancarias, etc..

As prazas son limitadas polo que recomendan inscribirse o antes da data límite que é o 21 de marzo no teléfono 982 559 019.

O curso será os días 26 de marzo e 2 e 9 de abril en horario de 10.00 a 13.00 horas no edificio multiusos do Concello.