Skip to main content
A Pontenova

A mina Consuelo é a segunda cavidade máis grande de Galicia

Por 2 Marzo, 2022Marzo 3rd, 2022Sin comentarios

O sábado 26 de marzo ás 20.00 horas na no auditorio da casa de cultura farase a presentación dos traballos de topografía en 3D e planimetría completa da Mina Consuelo.

“Levamos traballando máis de dous anos na topografía desa mina para ver cal é o seu desenvolvemento polo interior da montaña na que está situada”, di o técnico municipal de turismo, Carlos Morado. Ata o de agora, levan máis de 3,1 quilómetros de mina topografiados o que a converte xa na segunda cavidade topografiada máis grande de Galicia por detrás da Cova do Rei Cintolo e por diante de Sima Teixeira.

O pasado 20 de febreiro un equipo de mergulladores da empresa Geoceanic de Madrid estivo preto de dúas horas mergullando no nivel -5 da mina para seguir cos traballos de topografía que xa se fixeron no resto de niveis superiores. Segundo explicou Carlos Morado, os avances desa última xornada non foron moitos pola escasa visibilidade da auga o que impediu que se atopara a baixada ao nivel -6 que segundo a información da que dispón o Concello podería estar moi preto da batería de fornos de calcinación que hai no centro urbano da Pontenova. Por iro volverán  no mes de abril para facer dúas inmersións máis, a primeira para rematar a exploración do que queda do nivel -5 e ao día seguinte, se todo vai ben, meteranse no nivel -6.