Skip to main content
A Pontenova

O BNG propón reducir a velocidade na N-640 ao seu paso pola Pontenova

Por 12 Marzo, 2022Maio 2nd, 2022Sin comentarios

O BNG no Concello da Pontenova presentou unha moción na que propón medidas para reducir a velocidade na estrada nacional 640 ao seu paso polo casco urbano da Pontenova.

O portavoz municipal nacionalista, Xosé Luís Gutiérrez, argumenta “hai consenso entre os expertos que reducir a velocidade a 30 km/h nas zonas urbanas reduce tanto o risco de sufrir un accidente, como a gravidade do mesmo de producirse.

De feito A Declaración de Estocolmo 2020, redactada despois da III Conferencia Ministerial Mundial sobre Seguridade Vial recolle na súa oitava recomendación a necesidade de establecer un límite máximo de velocidade de desprazamento nas vías urbanas de 30 Km/h”.

Por outra parte Gutiérrez aclara que “ o Consello de Ministros aprobou fai máis dun ano o Regulamento de Circulación que no seu artigo 50 aconsella a redución de velocidade en núcleos urbanos”.

A proposta do BNG pide a colocación de pasos de peóns elevados neste tramo da estrada xeral dada a súa eficacia para o calmado do tráfico e a substitución dos sinais de limitación de velocidade a 30 km/h.

Gutiérrez demándalle ao Alcalde “que convoque un pleno para tratar este e outros temas pendentes. Non hai razón para que levemos máis de 3 meses sen convocar un pleno ordinario incumprindo deste xeito o Regulamento de funcionamento do pleno aprobado pola maioría da Corporación que marca que se realizarán plenos ordinarios cada 2 meses”.