Skip to main content
Ribadeo

O PP de Ribadeo alerta dos retrasos nos pagos das facturas do Concello

Por 27 Marzo, 2022Sin comentarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega, advirte que “debido aos retrasos do goberno local no pago das facturas, empresas locais, empresas de Ribadeo, se plantexan deixar de prestar servizo ao Concello”.

O popular, que considera “moi grave” esta situación, adianta que “o Grupo Municipal Popular esixirá explicacións no pleno ao goberno local porque cremos que o goberno do BNG ten que dar explicacións aos veciños dos motivos polos que non se están pagando as facturas”.

Os populares levan dende o inicio do mandato denunciando o retraso do pago das facturas e as subvencións aos colectivos e piden que “se paguen en tempo e forma”.

Vega condena “o que está a pasar ultimamente no Concello, coa mala xestión dos pagos que provoca un enfado continuado en moitas empresas”.

O voceiro popular advirte tamén que “a mala xestión á hora de sacar a concurso público a concesión de moitos servizos (limpeza, luz, telefonía…) conleva o retraso moi considerable nos pagos, debido aos continuos reparos de legalidade”.

O Grupo Municipal Popular preguntará tamén no pleno, ademais dos motivos do retraso no pago das facturas, por qué se lle esixe tanta burocracia a tantos colectivos e tantas asociacións que fan un traballo moi importante en Ribadeo”.