Skip to main content
Trabada

Unha achega mellorará os accesos do aparcadoiro de autocaravanas de Trabada

Por 4 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada conseguiu unha nova subvención, neste caso de 30.000 euros, para unha actuación destinada a mellorar os accesos entre o aparcadoiro de autocaravanas e a área recreativa de Choza.

A convocatoria das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, correspondeu á Axencia de Turismo de Galicia e o prazo de presentación das solicitudes comezou na medianoite do pasado 10 de febreiro.

No pasado outono, o Concello conseguiu outra subvención de 30.000 euros para a instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas.

Despois da elevada ocupación rexistrada durante o pasado verán no aparcadoiro, “queremos seguir mellorando este espazo, que conta tamén cunha zona de picnic que valoran moitísimo os usuarios”, remata a alcaldesa.