Skip to main content
O Vicedo

O orzamento do Concello do Vicedo ascenden a 2,3 millóns de euros

Por 2 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello do Vicedo aprobará os orzamentos no vindeiro Pleno, que se celebrará o xoves 3, que ascenden a 2,3 millóns de euros e no que destacan o 469.709 euros que se destinarán a investimentos reais.

Así, investirase no acondicionamento de viais en Ruño, Serantes e Covelo, por un importe de 145.758 euros que se combinan fondos municipais co Plan Único.

A renovación do alumeado no campo de fútbol do Vicedo ascende a 48.349 euros e unha cantidade similar destinarase á colocación das farolas no aparcadoiro de nova construción do Fuciño do Porco e no que se inclúen 10.000 euros para a compra de novos terreos para a súa ampliación.

Tamén haberá cambios na zona de Moledo ao que vanse destinar 34.324 euros á expropiación de terreos para a construción dun paseo dende o antigo varadero, e 17.995 euros para renovar o mobiliario urbano.

Por outra banda, a instalación dun sistema autómata na Etap terá un investimento de 28.776 euros, a segunda fase dos accesos a O Vilar, 22.714 euros, e a primeira fase dos accesos a O Enxertado na parroquia de Cabanas, 15.089.

O capítulo de gastos ascende a 1.830.290,98 euros e desglósanse en 1.024.105 euros no gastos de persoal, 614.126 euros en bens e servizos, os financieiros suman 7.000 euros, as transferencias corrientes 70.820, e resérvase unha partida de 114.239 para o fondo de continxencia e imprevistos.

Na sección de ingresos, que suma 2.299.999,88 euros, 864.016 euros son en impostos directos, 23.527 en indirectos, 216.807 en taxas, 915.798 veñen de transferencias correntes, 2.758 euros son ingresos patrimoniais e 277.090 son transferencias de capital.